Noiteboa en paz en Compostela
As temperaturas oscilarán entre os 12 e os 14 graos
O martes Galicia irá quedando progresivamente na influencia das altas presións, aínda que a primeiras horas o paso dunha fronte pouco activa deixará chuvias polo oeste. Así, durante a mañá os ceos estarán anubrados, con orballos na franxa atlántica. A partir do mediodía os ceos quedarán pouco anubrados, con intervalos de nubes altas.
As temperaturas quedarán en ascenso, máis acusado nas mínimas. O vento soprará frouxo de compoñente sur.
En Santiago comezará o día con leves chuvascos que darán paso a ceos despexados durante todo o día. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios.