A Feira das Linguas chega este xoves a Milladoiro
A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este xoves, 26 de decembro, ás 18.00 horas, o espectáculo musical da “Feira das Linguas”, que está dirixido a un público familiar
Trátase dunha obra de teatro musical para que as nenas e os nenos se acheguen á historia da lingua desde os ritmos máis actuais, co obxectivo de promover o galego entre as novas xeracións. As entradas para esta actividade, que se enmarca dentro do programa Apego, poden mercarse na billeteira electrónica do Concello de Ames.
A actividade, organizada pola Concellaría de Normalización Lingüística dentro do programa Apego, será levada a cabo por Lydia Botana. A Feira das Linguas ofrecerase a partir das 18:00 horas do xoves, 26 de decembro, na Casa da Cultura do Milladoiro. Trátase dunha representación de teatro musical para nenos e nenas, na que Lydia Botana conta a historia da lingua galega coas cancións e ritmos máis actuais. Mediante versións en galego-portugués e con estilos como o trap e rap, e botando man de moito humor, o espectáculo serve para promover o galego entre a poboación máis nova.
As entradas para ver este espectáculo poden adquirise na billeteira electrónica do Concello de Ames [https://abilleteira.concellodeames.gal/gl]. O prezo da entrada xeral é de 2 euros, mentres que o prezo da entrada reducida é de un euro.
Lydia Botana é unha música multinstrumentista que ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros. Titulada polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical ten a titulación do Grado Profesional de piano cursado entre o Conservatorio de Culleredo e o da Coruña e o Grado Profesional de percusión.