ABANCA e Afundación entregan a Cáritas os xoguetes da súa campaña solidaria de Nadal
06:30 25/12/19
06:30 25/12/19
ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, entregan este xoves, 26 de decembro, a Cáritas os xoguetes que reuniron grazas á campaña solidaria ‘A ilusión crece cando se comparte’.
O director de zona Santiago Cidade de ABANCA, Ramón Mariño, será o encargado de realizar a entrega a Luis Calviño Pueyo, presidente de Cáritas Diocesana de Santiago, organización que realizará o reparto dos xoguetes entre as familias máis desfavorecidas para que na festividade de Reis todos os nenos e nenas poidan vivir a ilusión de recibir un regalo.
O acto de entrega celebrarase na Oficina Principal de ABANCA en Santiago (Montero Ríos, 7) as 11 da mañá do xoves 26.