miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A chuvia seguirá presente en Compostela

A chuvia seguirá presente en Compostela
A chuvia seguirá presente en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 10 e os 13 graos

O luns unha fronte cálida chegará a Galicia polo litoral atlántico. Así, os ceos estarán cubertos, con chuvias que serán máis persistentes na provincia de Pontevedra e sur e oeste da provincia da Coruña, e máis intermitentes e de tipo orballo no resto da Comunidade. 

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará forte do suroeste.

En Compostela agárdase unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións durante todo o día. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente e máximas que ascenderán lixeiramente. 

Comentarios
Lo más