O Compos mantén o idilio co seu fortín
Victoria do Compos no Vero Boquete ante o Choco para pechalo 2019 como líder e de novo ca portería a cero
Último partido do ano no fortín do Vero Boquete de San Lázaro que recibía a visita do CD Choco. A primeira do partido sería para a esedé que era quen levaba a iniciativa desde o pitido inicial buscando sempre porta e tentando recuperar de seguido en canto perdía o balón. No 6' puxo Gabri un centro a área que conseguiu despexar a defensa visitante a saque de esquina.
Forte presión do conxunto compostelán que non deixaba respirar ao Choco na saída de balón. En apenas 8 minutos tiña o Compos o seu terceiro saque de esquina que moi pechado conseguiu sacar a defensa que estaba pasando apuros. Prácticamente todo o equipo visitante estaba na área achicando os balóns dos locais que de novo tiveron un córner que quedou morto na área pero non puideron rematar sacando finalmente o conxunto redondelán.
O asedio local era constante nos primeiros compases do partido. Nunca contra rápida con carreira de Yerai conseguiu o Choco sacudirse o dominio local. Do saque de esquina de esa xogada tamén saíu a esedé nunha contra 4 para dous na que o capitán Cortegoso saiu ben para apagar o lume e evitar o primeiro. Intentaba manter algo o balón o conxunto visitante e respirar ante o dominio local.
Cando chegaba á area rival o conxunto local levaba sempre moito perigo para a meta de Cortegoso. Mantiña o control o Compos pero baixou un pouco o ritmo inicial. Tivo dous saques de esquina o Choco que pouco a pouco ía gañando protagonismo en ataque.
No 30', ataque en tromba dos branquiazuis, que atoparon o espazo na banda esquerda cunha gran combinación entre Jimmy e Hugo que se foi do seu par e puxo un centro potente ao corazón da área para que Primo so tivese que empurrar co peito e poñer o primeiro no marcador.
Pouco despois sería Baleato o que poría o centro para que rematase Pablo Antas que se atopou con Cortegoso que atallou o balón sen problema. No treito final da primeira metade tivo máis protagonismo o Choco pero non conseguiu poñer o empate no marcador. Co 1-0 enfilaban ambos equipos vestiarios.
Xa no segundo tempo saiu con máis intención o Choco que tiña máis balón aínda que sen ocasións claras de perigo se quería ir a polo partido. Co paso dos minutos foi o Compos recuperando espacio. Co paso dos minutos aumentaban tamén as prisas e as tensión no Vero boquete.
A medida que avanzaba o segundo tempo de novo a esedé tiña o control do balón e do partido. No 62', primeira cabalgada de Miki, que acabou xerando unha acción por banda esquerda que nin Primo nin Jimmy acertaron a rematar de volea. Xusto despois, nova acción por banda esquerda, percutiu Hugo Sanmartín, pero o seu disparo petou en Yago, cando ía dirección á portería.
Tamén clara foi a ocasión ca que contou o equipo local no 68'. Pase á espalda de defensa de Saro para Miki e o extremo, cando buscaba o pase da morte para Primo, fallou na entrega e o balón foille ás mans de Cortegoso. Non deixou de intentar buscar o empate o conxunto visitante obligando a esforzarse a defensa local. O corto marcador do Compos mantiña vivo aos de Redondela.
No 82' hasta 3 remates tivo o Compos nunha xogada embarullada que finalizou cun remate de Jimmy que sacou Cortegoso baixo paus. Estaba moi canso o conxunto visitante e a frescura da esedé permitialle ter ocasións claras no tramo final para pechar o encontro.Resistíase o segundo que non chegou ata o 87'. Roubou o balón Soto, arrancou tralo roubo desde atrás e acabou materializando o segundo gol a porta baleira. Esta vez Miki si puxo ben o pase da morte.
Setenciaba o partido o líder que con este triunfo facía 9 de 9 na casa e continuaba batindo records ca portería a cero unha xornada máis, non encaixa dende a xornada 9.