O Apalpador visitou El Corte Inglés
06:30 22/12/19
06:30 22/12/19
Na mañá do sábado O Apalpador estivo en El Corte Inglés
Carlos Labraña, teatralizou o seu conto O Apalpador, no Salón de Ámbito Cultural (planta baixa), con anterioridade visitou a librería infantil, situada na planta Baixa.
O Apalpador, baixou da montaña cun feixe de castañas. Este divertido traballo de Carlos Labraña, está cheo de risas, sorpresas e moita disparidade. Unha viaxe teatral ao redor dunha figura cada vez máis importante no noso Nadal.