miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Petiscos Gastrobar, Cenlitrosmetrocadrado e Escola de Estudos Musicais Allegro reciben os galardóns da segunda edición do Premio Lingua e Empresa

Petiscos Gastrobar, Cenlitrosmetrocadrado e Escola de Estudos Musicais Allegro reciben os galardóns da segunda edición do Premio Lingua e Empresa
Petiscos Gastrobar, Cenlitrosmetrocadrado e Escola de Estudos Musicais Allegro reciben os galardóns da segunda edición do Premio Lingua e Empresa

O xurado da segunda edición deste certame decidiu por unanimidade outorgar o premio ex aequo e repartir o importe económico a partes iguais entre tres empresas: Petiscos Gastrobar de Bertamiráns, Cenlitrosmetrocadrado do Milladoiro e Escola de Estudos Musicais Allegro tamén do Milladoiro 

Trátase da segunda edición deste premio posto en marcha polas Concellarías de Normalización Lingüística e de Promoción Económica coa finalidade de promover o uso da lingua galega na actividade económica do Concello de Ames. A través desta iniciativa preténdese recoñecer publicamente a contribución ao aumento e á mellora do uso social do galego no ámbito empresarial, así como promover o uso da lingua galega na actividade económica do Concello de Ames.

No acto de entrega de premios estiveron presentes representantes do goberno municipal como a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, xunto cos técnicos municipais, Jorge Couñago e Rosa Moreiras. Ademais dos tres membros do xurado: Felix Caramés Blanco, técnico da Unión de Consumidores de Galicia, Xosé Antonio López Silva, profesor do IES de Ames, e Jorge López Penas, presidente da Xuntanza de Empresarios de Ames.

A concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, deulle as grazas ás empresas que participaron no concurso por utilizar a lingua galega. “Agardo que pouco a pouco esta iniciativa se vai consolidando ao longo dos anos e cada edición se presenten máis empresas. Este premio é un recoñecemento ás empresas que utilizan a nosa lingua. Sodes un exemplo para o sector e para aquelas persoas que están pensando en crear a súa propia empresa. O galego é un valor positivo que lle dá proximidade a a actividade comercial e vós poñédelo de manifesto no traballo que realizades todos os días”.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, tamén agradeceu a todas as empresas participantes a súa boa disposición e o seu traballo en galego, así como ao persoal municipal polo seu traballo. “É moi importante o traballo que estades facendo as empresas e comercios de Ames pola lingua galega e por defender cada día que se pode traballar en galego con total normalidade. O galego é valor engadido que ten o comercio de Ames”.

Por parte do xurado, Jorge López dixo que “non foi fácil elixir aos premiados/as polo diferentes traballo en galego feito polas empresas presentadas, pero dende logo que as tres empresas que sodes as gañadoras, merecédelo. E tan só quero engadir que cada empresa ten que seguir aportando o seu gran de area e que é posible traballar en galego e xestionar a nosa empresa na nosa lingua”. 

Comentarios
Lo más