miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Último acto do colexio de avogados polo seu 175 aniversario

Último acto do colexio de avogados polo seu 175 aniversario
Último acto do colexio de avogados polo seu 175 aniversario

Dentro da programación de actividades conmemorativas do 175 aniversario, o Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa Sala Numax e co Consello Xeral da Avogacía Esañola, emitiu en dous pases o documental 'La defensa, por la libertad

Trátase dun filme de Pilar Pérez Solano, producido por Transit Producciones Audiovisuales, en coprodución con RTVE e en colaboración co CGAE e a Mutualidad de la Abogacía. Ao rematar o primeiro pase, houbo un coloquio cunha das protagonistas do documental, Cristina Almeida, que posteriormente presentou o documental ás persoas que asistiron ao segundo pase.

“La defensa, por la libertad” é un documental que recolle a historia da avogacía española desde mediados dos 60 a 1978. Unha etapa que foi clave para a fin da ditadura e a consolidación da democracia. Durante 70 minutos, interveñen personalidades do mundo xurídico como Miquel Roca, Francisco Sauquillo, Cristina Almeida, Óscar Alzaga ou Manuela Carmena. En definitiva, testemuños moi valiosos de homes e mulleres que souberon deixar a un lado as súas diferenzas e apostaron pola transición e pola paz.

Con este acto, o Colexio de Avogados de Santiago remata a programación conmemorativa do seu 175 aniversario. “Estamos moi satisfeitos pola resposta dos colexiados e da propia cidade, co broche final da Medalla de Ouro de Santiago que nos otorgou o concello”, afirma o decano da institución, Francisco Rabuñal.

Comentarios
Lo más