miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chega a Ames a XIII Carreira Ciclista do Pavo

Chega a Ames a XIII Carreira Ciclista do Pavo
Chega a Ames a XIII Carreira Ciclista do Pavo

Este sábado, 21 de decembro, desenvolverase a partir das 16.00 horas, nos arredores do parque do río Ameneiral, en Bertamiráns, a décimo terceira edición da Carreira Ciclista do Pavo

Este sábado, 21 de decembro, desenvolverase a partir das 16.00 horas, nos arredores do parque do río Ameneiral, en Bertamiráns, a décimo terceira edición da Carreira Ciclista do Pavo. Organizada pola Asociación Galega de Ciclistas, en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e co Concello de Ames, nela participarán  tanto adultos como os máis pequenos da casa.

Dará comezo ás 16.00 horas con xincanas ciclistas para os máis pequenos.  Xa ás 17.00 horas iniciarase a carreira. É obrigatorio o uso de casco en ambas.


O circuíto da carreira terá un trazado circular, tendo como punto de partida e remate o parque do Ameneiral, e daranse 30 voltas aproximadamente. Só hai unha categoría, polo que os primeiros que cheguen a meta recibirán un pavo, un polo e unha perdiz, nesa mesma orde, tendo como maior ou menor valor o seu tamaño.  Cómpre engadir que non se trata de animais vivos.

Comentarios
Lo más