miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferida unha persoa ao colidir o seu turismo contra un autobús en Vigo

Ferida unha persoa ao colidir o seu turismo contra un autobús en Vigo
Ferida unha persoa ao colidir o seu turismo contra un autobús en Vigo

Unha vez liberado, o ferido foi evacuado polo persoal sanitario

Unha persoa resultou ferida tras colidir o seu turismo contra un autobús cando circulaban á altura do número 102 da Avenida da Gran Vía, na cidade de Vigo. Ademais, foi precisa a intervención dos Bombeiros da cidade para liberar ao único ferido, que quedou atrapado no interior do turismo.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tivo constancia do accidente, pasados dez minutos das 23:00 horas deste xoves, a través da chamada dunha persoa particular. Así, con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e aos Bombeiros de Vigo. Tamén foron informados os efectivos de Protección Civil.

Unha vez liberado, o ferido foi evacuado polo persoal sanitario.

Comentarios
Lo más