miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Envorca un vehículo tras saírse da vía en Tomiño

Envorca un vehículo tras saírse da vía en Tomiño
Envorca un vehículo tras saírse da vía en Tomiño

O accidente ocorreu preto das 08:30 horas desta mañá cando o vehículo circulaba pola estrada que une Goian e Vilanova de Cerveira, sentido Portugal

Unha persoa foi rescatada polos Bombeiros de Baixo Miño do interior do seu turismo despois de envorcar tras saírse da vía.

O accidente ocorreu preto das 08:30 horas desta mañá cando o vehículo circulaba pola estrada que une Goian e Vilanova de Cerveira, sentido Portugal. Foi unha persoa particular, que se identificaba como familiar da condutora, quen solicitou axuda ao 112 Galicia. Indicaba que se saíra da vía, envorcara e que lle estaba entrando auga no coche do cal non podía saír.

De inmediato, desde o 112 Galicia alertouse ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros do Baixo Miño. Tamén, puxéronse os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, do GES da Guarda, dos Bombeiros de Vigo e de Protección Civil da localidade.

Finalmente, os Bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que a moza xa fora rescatada e, aparentemente, en bo estado. Os servizos sanitarios encargáronse da valoración do seu estado.

Comentarios
Lo más