O interior dun alpendre arde por completo calcinando diversos aveños e un vehículo
Todo comezou ás 01:30 horas desta madrugada, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que solicitaba axuda por mor dun alpendre que estaba arder no lugar de Reme de Arriba
Un incendio arrasa por completo unha palleira no concello lugués de Ribadeo. Ningunha persoa resultou ferida, iso si arderon diversos aveños e un vehículo que se gardaban no seu interior.
Todo comezou ás 01:30 horas desta madrugada, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que solicitaba axuda por mor dun alpendre que estaba arder no lugar de Reme de Arriba. Así, desde o 112 Galicia, informouse aos axentes da Garda Civil, os voluntarios de Protección Civil da localidade e aos Bombeiros de Barreiros para atallar as lapas do galpón.
Rematadas as tarefas de extinción, os bombeiros comunicaban ao 112 Galicia que, finalmente, ardera por completo o interior do alpendre xunto con diversos apeiros e un vehículo que se atopaban no interior.