miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Desaloxan unha gardería de Porto do Son pola avaría dun transformador

Desaloxan unha gardería de Porto do Son pola avaría dun transformador
Desaloxan unha gardería de Porto do Son pola avaría dun transformador

Sucedeu na rúa Ramblas, en Portosín, ao fío das 12:45 horas

Unha avaría nun transformador obrigou ao desaloxo dunha gardaría en Porto do Son, sen que se rexistrasen danos persoais.

Sucedeu na rúa Ramblas, en Portosín, ao fío das 12:45 horas de onte. Nese momento, unha profesora do centro alertaba do sucedido ao 112 Galicia.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, da Policía Local, dos Bombeiros de Ribeira e da empresa subministradora de electricidade.

Comentarios
Lo más