miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rois colocará herba artificial no campo de fútbol de Urdilde por un importe de 432.000 euros

Rois colocará herba artificial no campo de fútbol de Urdilde por un importe de 432.000 euros
Rois colocará herba artificial no campo de fútbol de Urdilde por un importe de 432.000 euros

O plan complementario inclúe obras por importe doutros 510.657 euros

O Pleno do Concello de Rois aprobou onte por unanimidade as obras do Plan Único de concellos da Deputación da Coruña por importe de 950.000 euros. No plan POS+ o equipo de goberno propuxo instalar herba artificial no campo de fútbol de Urdilde, cun investimento de 432.457 euros.

O Plan complementario inclúe investimentos por un total de 510.657 euros, no que figuran o afirmado e acondicionamento de pistas en Oín, Asneiros e A Eirexa, por 46.138 euros.

O afirmado e acondicionamento das pistas no Pazo e de Cernán a Vilariño (56.947 €), e o da pista que vai da AC-301 a Socastro (56.947 €), o da AC-301 a Leroño e A Casa do Vento (115.730€) tamén entran no complementario, ao igual que o afirmado e acondicionamento de pista de Rubieiro a Socasto e o das estradas de Vilachán a Ponte de Pedra (65.168 €). O afirmado e acondicionamento de pistas en Seaxe e Moares, por 69.850 euros, completan o plan complementario.

No pleno, tanto o grupo popular como o socialista votaron a favor destes investimentos (a edil do BNG non puido asistir á sesión), ao coincidiren na importancia de acometer estas obras. A única discrepancia foi na forma de financiar o investimento no campo de fútbol de Urdilde, xa que dende o PSdeG reclamaban que debía telo feito a Xunta, e o alcalde replicoulle que o presidente da Deputación non quixo firmar ningún convenio de colaboración co Concello de Rois (como fixo con outros, como o de Ames), “e só nos deixou esta opción do POS+”, dixo Ramón Tojo.

Comentarios
Lo más