miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Novas queixas polo retraso nos recibos dos servizos de conciliación

Novas queixas polo retraso nos recibos dos servizos de conciliación
Novas queixas polo retraso nos recibos dos servizos de conciliación

O incumprimento no dos prazos no envío dos recibos por parte da concellería encargada a cargo de David Santomil, fai que agora moitas familias teñan que asumir nos últimos meses do ano pagos de ata 700 euros

O concello de Ames facía pública hoxe a información sobre o cobro dos recibos dos servizos complementarios de educación, correspondentes a Bos Días Cole, Tardes Divertidas e comedores. Unha información ante a que a reacción das familias non se fixo esperar.

O incumprimento no dos prazos no envío dos recibos por parte da concellería encargada a cargo de David Santomil, fai que agora moitas familias teñan que asumir nos últimos meses do ano pagos de ata 700 euros. 

Así informaba o concello dos pagos a realizar:

Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias sobre o cobro dos recibos dos servizos complementarios municipais. O día 23 de decembro de 2019 cobraranse os recibos dos servizos de Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas, correspondentes ao mes de outubro de 2019.

Por outra banda, os recibos destes mesmos servizos (Comedores escolares, Bos días Cole e Tardes divertidas) correspondentes ao mes de novembro, cobraranse o 30 de decembro de 2019.

Non é algo novo para as familias de Ames xa que o ano pasado volveron a vivir a mesma situación dunha acumulación nos recibos seguidos. Nese momento, dende a concellería de Educación, falaban dunha regularización, dun proceso para estar ao corrente dos cobros.

Comentarios
Lo más