miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Barrio Xardín celebra o súa festa de Nadal este sábado 21 de decembro

O Barrio Xardín celebra o súa festa de Nadal este sábado 21 de decembro
O Barrio Xardín celebra o súa festa de Nadal este sábado 21 de decembro

Dende as 11:30 ás 20:30 horas haberá actividades para grandes e pequenos, como xogos familiares, karaoke de panxoliñas, contos, un concurso ao xersei máis charramangueiro do Nadal, unha exposición de postais con realidade aumentada ou música en vivo

O concelleiro de Barrios, Javier Fernández, presentou a Festa de Nadal do Barrio Xardín, que se celebrará este sábado 21 de decembro na praza da Constitución. Xunto a el estiveron, en representación do colectivo, Lola Puerta e Guillermo Caldera.

"A maxia do Nadal" é o título da festa que preparou o colectivo de veciños e comerciantes do Barrio Xardín para seguir potenciando a convivencia e o encontro nesta zona da cidade, pero aberta a calquera persoa que queira achegarse este vindeiro sábado ata a praza da Constitución (zona Trasparlamento) e á zona peonil da rúa dos Irmáns Rey Alvite.

Dende as 11:30 ás 20:30 horas haberá actividades para grandes e pequenos, como xogos familiares, karaoke de panxoliñas, contos, un concurso ao xersei máis charramangueiro do Nadal, unha exposición de postais con realidade aumentada ou música en vivo. Tamén se instalarán postos de Nadal e de comida sa e tradicional destas datas, e tampouco faltarán nin a chocolatada nin as bebidas quentes.

Ademais, Papá Noel visitará o Barrio Xardín durante esta xornada, e alí tamén poderá felicitar os nenos e nenas pola súa solidariedade, xa que se organizou unha recollida de xoguetes que logo se destinarán a unha entidade benéfica para o seu reparto. 

Comentarios
Lo más