Rescatan a un persoa dunha embarcación tras atoparse en apuros en Ferrol
Aos poucos minutos, os prácticos de Ferrol localizaban, grazas ás indicacións que se recibían desde terra, á persoa e confirmaban o seu rescate
Unha persoa foi rescatada por unha embarcación dos prácticos do porto de Ferrol tras atoparse en apuros, no concello coruñés de Ferrol.
Varias persoas particulares, preto das 8:15 horas desta mañá, chamaban ao 112 Galicia para dar conta dunha persoa que pedía auxilio, na zona dos espigóns da Praia de Caranza.
Nada máis ter coñecemento da situación, o 112 Galicia informaba a o Servizos de Salvamento Marítimo e Garda Costas de Galicia. Así mesmo, solicitaba a intervención por terra dos profesionais sanitarios, dos axentes da Policía Nacional, Local e dos Bombeiros e Protección Civil da localidade.
Aos poucos minutos, os prácticos de Ferrol localizaban, grazas ás indicacións que se recibían desde terra, á persoa e confirmaban o seu rescate.