miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Alertan da aparición do corpo sen vida dun home en Camariñas

Alertan da aparición do corpo sen vida dun home en Camariñas
Alertan da aparición do corpo sen vida dun home en Camariñas

A chamada da persoa particular que contactou co 112 Galicia produciuse ao fío das 18:00 horas de onte

En Camariñas,  unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia de que atopara o corpo sen vida dun home nunha zona montañosa próxima á estrada que une Ponte do Porto e Arou, no Alto do Canaval.

A chamada da persoa particular que contactou co 112 Galicia produciuse ao fío das 18:00 horas de onte e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil.

Os axentes das forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso aínda que a teoría que máis peso toma é unha morte natural.

Comentarios
Lo más