miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Preto de 400.000 euros para a remodelación do Centro de Saúde de Bertamiráns

Preto de 400.000 euros para a remodelación do Centro de Saúde de Bertamiráns
Preto de 400.000 euros para a remodelación do Centro de Saúde de Bertamiráns

O centro de saúde conta dende este mes cun médico e unha enfermeira máis

A consellería de Sanidade acaba de publicar a oferta para a licitación das obras de reparación e mantemento do Centro de Saúde de Bertamiráns-Ames por un custe de máis de 375.000 euros.

O obxectivo principal desta contratación consiste na remodelación da área de recepción e ampliación dos accesos, substitución da cuberta e da iluminación, reparación de carpinterías, colocación de falsos teitos e de estores, pintado exterior e interior e reparación do pavimento.

Estas obras enmárcanse dentro do plan de mellora da atención primaria que está a levar a cabo o SERGAS na Área Sanitaria de Santiago de Compostela Barbanza e contan cun prazo de execución de 5 meses.

Estas melloras véñense sumar ao reforzo no cadro de persoal que se acaba de realizar no centro de Saúde. Dende este mes o CS de Bertamiráns conta con dous profesionais máis: médico e enfermeira en quenda de tarde, para facilitar o acceso a poboación maioritariamente nova e traballadora (con apenas un 18% de maiores de 65 años). Supón o oitavo médico de familia e a oitava enfermeira quedando un promedio de 300 pacientes maiores de 65 años por cota médico/enfermeiro. O pasado ano este centro xa sumara ao seu cadro de persoal unha nova enfermeira, especialista en Atención Familiar e Comunitaria. 

Comentarios
Lo más