Chega o temporal á cidade
08:00 18/12/19
08:00 18/12/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima os 14ºC
O mércores Galicia estará baixo os efectos dunha profunda borrasca denominada Elsa, situada ao oeste de Irlanda.
Así, os ceos estarán cubertos con precipitacións intensas, localmente treboentas, que comezarán polo oeste da Comunidade pola mañá, estendéndose a todo o territorio xa pola tarde.
As temperaturas ascenderán de xeito notable. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima os 14ºC.
O vento soprará forte do suroeste, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas do interior.