Ferida unha muller embarazada ao caer o seu vehículo por un terraplén en Cerceda
O accidente produciuse na AC-400, a dous quilométricos da Silva, en sentido a esta poboación
Unha muller embarazada resultou ferida onte á tarde ao saírse da vía e caer por un terraplén o turismo no que circulaba en Cerceda. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a ferida foi trasladada ao Hospital Materno da Coruña.
O accidente produciuse na AC-400, a dous quilométricos da Silva, en sentido a esta poboación.
Unha persoa particular daba conta do sinistro ao 112 Galicia pasados uns minutos das 17:15 horas.
Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da estrada.