miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferido de consideración un operario no polígono de Tui

Ferido de consideración un operario no polígono de Tui
Ferido de consideración un operario no polígono de Tui

Sucedeu ao fío das 14:10 horas de onte

Un traballador dunha nave industrial do Polígono de Areas, en Tui, resultou ferido de consideración ao engancharse cun torno que manexaba.

Sucedeu ao fío das 14:10 horas de onte. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

A partir de aí, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Porriño, da Policía Local, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui.

Comentarios
Lo más