Ciclista grave ao bater contra un madeiro en medio da estrada en Tomiño
06:30 15/12/19
06:30 15/12/19
Un ciclista resultou ferido de gravidade tras caerse da súa bicicleta e golpearse a cabeza contra o chan
Ferido de gravidade un ciclista tras caer este sábado da súa bicicleta despois de bater contra un obstáculo tirado no medio da vía. A vítima é un veciño de Vigo duns 40 anos que no momento do accidente circulaba nun grupo de oito ciclistas pola PO-344, de Gondomar a Tomiño.
Ao chegar á baixada cara a Tebra, chocou contra un pedazo de madeira tirado na vía e caeu sobre o asfalto. Recibiu un forte impacto na cabeza e o seu estado é moi grave.
Ata o lugar desplazáronse membros de Protección Civil, da Gardia Civil e efectivos sanitarios, que trasladaron ao ferido ao centro sanitario.