Fortes chuvias durante todo o día
08:00 12/12/19
08:00 12/12/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima chegará aos 13ºC
O xoves Galicia quedará baixo a influencia dunha profunda borrasca situada ao norte de Irlanda que nos deixará un día marcado polos fortes ventos e as chuvias intensas.
Así, os ceos estarán cubertos con chuvias máis persistentes a partir do mediodía.
As temperaturas ascenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima chegará aos 13ºC.
O vento soprará forte de compoñente oeste, con refachos moi fortes no litoral norte.