miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bugallo mantivo unha xuntanza coa directiva do COAATIEAC

Bugallo mantivo unha xuntanza coa directiva do COAATIEAC
Bugallo mantivo unha xuntanza coa directiva do COAATIEAC

Entre as cuestións expostas ao rexedor figurou a creación dun Foro de Edificación e Sostibilidade nas tres cidades da provincia, Santiago, A Coruña e Ferrol, do que enviarán unha proposta ao Concello

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mércores cunha delegación da xunta de goberno do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación da Coruña, encabezada polo seu presidente, Roberto Medín. Xunto a el estiveron a secretaria do Colexio, Rosario Salgado, e a vogal responsable da delegación de Santiago, Rosana Rivas. Entre as cuestións expostas ao rexedor figurou a creación dun Foro de Edificación e Sostibilidade nas tres cidades da provincia, Santiago, A Coruña e Ferrol, do que enviarán unha proposta ao Concello.

Entre as cuestións expostas ao rexedor figurou a creación dun Foro de Edificación e Sostibilidade nas tres cidades da provincia, Santiago, A Coruña e Ferrol, do que enviarán unha proposta ao Concello.

O COAATIEAC encárgase, entre outros asuntos, do visado dos encargos profesionais e das documentacións técnicas, da xestión de honorarios, do asesoramento e apoio en aspectos xurídicos e fiscais, da formación de posgrao e tamén de manter convenios e acordos de colaboración con outras entidades públicas e privadas. Agrupa a máis de 1.200 profesionais que exercen a profesión na provincia da Coruña. 

Comentarios
Lo más