miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os nenos da planta de Pediatría do CHUS viviron unha xornada de educación vial

Os nenos da planta de Pediatría do CHUS viviron unha xornada de educación vial
Os nenos da planta de Pediatría do CHUS viviron unha xornada de educación vial

Os axentes impartiron unha charla sobre comportamentos seguros na vía pública e logo puxeron en marcha un parque de tráfico con material trasladado para a ocasión (conos, semáforos, sinais, bicicletas…)

Con motivo das festas de Nadal, integrantes do Departamento de Educación Viaria da Policía Local desprazáronse ata a planta de Pediatría do CHUS, para pasar unha xornada cos nenos e nenas alí ingresados e as súas familias.

Os axentes impartiron unha charla sobre comportamentos seguros na vía pública e logo puxeron en marcha un parque de tráfico con material trasladado para a ocasión (conos, semáforos, sinais, bicicletas…). Ademais, utilizouse parte dun circuíto que os nenos debuxaron nos corredores da planta. Foi unha xornada divertida para os rapaces e rapazas, e tamén con beneficios terapéuticos, polo exercicio físico e a distracción, tal como indicaron os responsables da planta de Pediatría.

Tamén se realizou un percorrido polas habitacións, visitando os nenos e nenas que non puideron acudir ás actividades. Finalmente, entregouse a todos/as os/as rapaces e rapazas agasallos relacionados coa educación viaria: xogos de oca viaria, xogos de cartas, carnés de policía infantil e libros de adhesivos. 

Comentarios
Lo más