miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames pon en marcha unha campaña para a recollida e reciclaxe de vidrio na hostalería

Ames pon en marcha unha campaña para a recollida e reciclaxe de vidrio na hostalería
Ames pon en marcha unha campaña para a recollida e reciclaxe de vidrio na hostalería

A través desta campaña os locais participantes na iniciativa que reciban a visita dos técnicos acreditados, e que aínda non sexan recicladores, poderán dispoñer, si así o solicitan, dun cubo con rodas para facilitarlles o transporte e vertedura de vidro nos contedores verdes

Ames, a través da Concellaría de Servizos Básicos, acaba de poñer en marcha unha nova campaña para facilitar a recollida e reciclado de vidro na hostalería do municipio de Ames. Deste xeito, os locais participantes na iniciativa que reciban a visita dos técnicos acreditados, e que aínda non sexan recicladores, poderán dispoñer, si así o solicitan, dun cubo con rodas para facilitarlles o transporte e vertedura de vidro nos contedores verdes destinados á súa reciclaxe, os cales contarán ademais con sistemas adecuados para facilitar esta separación dos seus residuos.

O sector da hostalería e a restauración é fundamental para a reciclaxe deste material, xa que xera o 52% dos residuos de envases de vidro. De aí o importante papel que xoga a colaboración cidadá e do sector da hostalería á hora de separar correctamente botellas, tarros ou frascos, para que posteriormente sexan depositados no contedor para envases de vidro.

Deste xeito, a través desta campaña os locais participantes na iniciativa que reciban a visita dos técnicos acreditados, e que aínda non sexan recicladores, poderán dispoñer, si así o solicitan, dun cubo con rodas para facilitarlles o transporte e vertedura de vidro nos contedores verdes destinados á súa reciclaxe, os cales contarán ademais con sistemas adecuados para facilitar esta separación dos seus residuos.

A non separación dos residuos ocasiona un colapso dos contedores no espazo público, que se enchen de materiais que non deberían estar alí e crean problemas de xestión, salubridade e comodidade entre a veciñanza e visitantes. 

Comentarios
Lo más