miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres persoas resultaron feridas a causa dunha colisión múltiple na AP-9, no concello de Vigo

Tres persoas resultaron feridas a causa dunha colisión múltiple na AP-9, no concello de Vigo
Tres persoas resultaron feridas a causa dunha colisión múltiple na AP-9, no concello de Vigo

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 14:30 horas de onte a través da chamada dun particular

Un accidente entre tres coches na AP-9, á altura do punto quilométrico 159, rematou con tres persoas trasladadas ao Hospital Fátima de Vigo ao mediodía de onte.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 14:30 horas de onte a través da chamada dun particular. No seu relato, o alertante solicitaba axuda para os ocupantes dos automóbiles implicados nunha colisión múltiple ao paso pola parroquia de Santa Mariña de Cabral.

Decontado, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo e tamén aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Ata o lugar do accidente desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal do servizo de mantemento da vía. A Policía Local tamén foi informada por se fose necesaria a súa colaboración.

Comentarios
Lo más