Un incendio calcina un restaurante en Sada
Arderon os mobles da cociña, a campá extractora e diversos mobles do establecemento
Un incendio declarado na cociña dun restaurante da Avenida do Porto, no concello coruñés de Sada, deixou diversos obxectos calcinados sen, afortunadamente, causar ningún dano persoal.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos bombeiros, arderon os mobles da cociña, a campá extractora e diversos mobles do establecemento.
Ás 16:30 horas de onte, a chamada dunha persoa particular puxo en alerta aos xestores do 112 Galicia. De inmediato, púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Betanzos, dos membros de Protección Civil de Sada e dos axentes da Garda Civil e Policía Local. Igualmente, avisouse tamén aos servizos sanitarios por se fose necesaria a súa intervención.