Cs de Ames pide incluir unha declaración institucional con motivo do Día Internacional contra a Corrupción
Oulego reafirmou o seu compromiso e o de Cs para combater a corrupción en todas as súas formas
O voceiro de Cs en Ames, José Ramón Oulego, pediu onte que se inclúa na orde do día do próximo pleno do Concello de Ames unha declaración institucional relativa á conmemoración do Día Internacional contra a corrupción.
O responsable da formación liberal lembrou que en España, segundo o último barómetro do CIS, a corrupción é uns dos principais para os cidadáns, por detrás do paro, os políticos e os problemas de índole económico. Esta preocupación xera aos españois desafección cara aos seus políticos e cara á vida institucional en xeral, todo iso agravado polos casos de corrupción protagonizados polos principais partidos e actores políticos en democracia.
Neste sentido, sinalou que se necesitan levar a cabo políticas activas que sensibilicen e conciencien desta secuela para garantir unha maior transparencia e rendición de contas por parte dos servidores públicos.
O concelleiro da formación liberal asegurou que estes obxectivos “non poden lograrse unicamente mediante accións individuais, senón que deben ser o produto dun novo enfoque de gobernanza multinivel no que os gobernos locais e nacionais complementen a súa acción e onde o diálogo construtivo entre o sector público, o sector privado e a sociedade civil sexa constante”.
Por todo iso, Oulego reafirmou o seu compromiso e o de Cs para combater a corrupción en todas as súas formas, así como poñer a transparencia, a rendición de contas e a participación no centro das nosas axendas locais e globais.
En consecuencia, propuxo ao Pleno Municipal do Concello de Ames, que mostre o seu apoio á Resolución da Convención das Nacións Unidas e sumarse á conmemoración do Día Internacional contra a Corrupción.