O dispositivo da Policía Local amosa oito positivos nas probas de alcoholemia e drogas
07:30 10/12/19
07:30 10/12/19
Os controis de alcoholemia e drogas seguen esta semana
Na noite do 6 de decembro, a Policía Local, en colaboración coa Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Santiago de Compostela, realizou probas de alcoholemia e drogas en varias localizacións da cidade.
Os axentes dos dous corpos realizaron un total de 351 probas de alcoholemia, cun resultado de sete probas positivas, que xeraron 5 denuncias administrativas e dúas penais. Tamén efectuaron nove probas de drogas, coa detección dun positivo, que derivou nunha denuncia administrativa.
Os controis de alcoholemia e drogas seguen esta semana, xa que do 9 ao 15 de decembro, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial da DXT de control nesta materia.