miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferida unha persoa despois de perder o control do coche na rotonda de acceso á AG-11, no concello de Dodro

Ferida unha persoa despois de perder o control do coche na rotonda de acceso á AG-11, no concello de Dodro
Ferida unha persoa despois de perder o control do coche na rotonda de acceso á AG-11, no concello de Dodro

Este accidente rexistrouse ás 8:40 horas de hoxe, cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para dar conta dun vehículo accidentado na saída da AG-11, dentro da rotonda

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a unha persoa que resultou ferida despois de saírse da vía co seu coche e invadir a rotonda de acceso á AG-11, en Dodro.

Para socorrer ao ferido, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Boiro, que descartaron empregar o equipo de excarceración ao comprobar que o condutor foi quen de saír do coche polos seus medios.

Este accidente rexistrouse ás 8:40 horas de hoxe, cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para dar conta dun vehículo accidentado na saída da AG-11, dentro da rotonda. Con estes datos, activouse un operativo composto polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros de Boiro ante a posibilidade de que houbese algunha persoa atrapada no interior. 

Sen embargo, o condutor e único ocupante do turismo abandonou o vehículo polos seus propios medios e os bombeiros descartaron intervir. Iso si, o ocupante necesitou asistencia médica, polo que foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más