Luns de ceos despexados en Compostela
08:00 09/12/19
08:00 09/12/19
As temperaturas oscilarán entre os 7 e os 12 graos
Galicia estará durante esta xornada baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos con poucas nubes, nubes de tipo alto na súa maioría que non impedirán completamente o paso do sol.
As temperaturas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable.
En Santiago, agárdase unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Non se esperan chuvias e subirán un pouco as temperaturas que oscilarán entre os 7 e os 12 graos.