Arrinca o xuízo pola morte de Ana Enjamio
O presunto asasino da moza enfróntase a 33 anos de condena
Este luns, na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, dará comezo o xuízo polo asasinato de Ana Enjamio.
Avista estaba prevista para novembro pero tivo que ser adiada ante os problemas para configurar o xurado. A Fiscalía pide 27 anos de cárcere para o acusado, ex-parella e compañeiro de traballo da vítima. O ministerio público considera probado que o home a acosou dende que ela rompeu a relación con el.
Tamén sostén que o 16 de decembro de 2016, despois da cea de empresa, agardouna á entrada da súa casa e acoitelouna varias veces. Despois, marchou á casa dos pais, desfíxose da arma, da súa roupa e do teléfono de Ana. A acusación particular, exercida pola Xunta pide para César Adrio 33 anos de condena.