Belén rianxeiro en miniatura
09:20 09/12/19
09:20 09/12/19
Bonito e representativo belén en Rianxo donde están representados os rianxeiros e rianxeiras
Curioso e laborioso belén o que se pode ver en Rianxo durante estas datas festivas. O portal de belén está dentro dunha nasa e os reis viaxan a bordo dunha Manuela. Non hai rianxeiro ilustre que non apareza no nacemento.
Xunto aos mariñeiros e as redeiras, atopamos emigrantes, escritores ou músicos. Ninguén queda fóra deste Rianxo en miniatura.
Detrás destas obras de arte están as mans das mulleres da asociación Ondiñas Mainas que dedican moitas horas a elaborar cada figuriña.