Falece unha moza nun accidente de tráfico en Arca
Unha moza de 20 anos faleceu esta noite nun accidente de tráfico rexistrado no límite entre os concellos coruñeses do Pino e Touro.
O tráxico accidente tivo lugar moi preto da discoteca Dona Dana cando o vehículo saiuse da vía pola marxe esquerda, colidir contra o quitamedos e acabar envorcando. O turismo viaxaban tres persoas, o condutor e dúas mozas.
A rapaza falecida viaxaba no asento traseiro do turismo e quedou atrapada. Precisouse da intervención dos bombeiros de Arzúa para extraela do vehículo. A outra moza ferida viaxaba no asento do copiloto e foi trasladada ao hospital con feridas leves.
A primeira casusa que se baralla para o accidente foron as condicións climatolóxicas xa que no momento de perder o condutor o control do turismo chovía e había unha néboa mesta.