miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

CA propón un decálogo de medidas para afrontar a “emerxencia climática” declarada polo Parlamento Europeo

CA propón un decálogo de medidas para afrontar a “emerxencia climática” declarada polo Parlamento Europeo
CA propón un decálogo de medidas para afrontar a “emerxencia climática” declarada polo Parlamento Europeo

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción que recolle un decálogo de medidas que o Concello de Santiago pode, e debe, impulsar para facer fronte á situación de emerxencia climática, declarada polo Parlamento Europeo o pasado mes de novembro.

O concelleiro Jorge Duarte presentou a proposta, “que nace do convencemento de que os c oncellos, como administración pública máis próxima á cidadanía, deben ter un papel activo na loita contra o cambio climático, concienciando á poboación pero tamén adoptando medidas dirixidas a reducir o consumo enerxético e a contaminación”.

Jorge Duarte lembrou que o Parlamento Europeo “o pasado 28 de novembro declarou a situación de emerxencia climática e ambiental en Europa, e fixou varios retos como o de neutralizar as emisións de efecto invernadoiro para 2050 ou asegurar que as propostas lexislativas e orzamentarias da Unión Europea teñan en conta o obxectivo de limitar o quencemento global a 1,5 graos”.

Para iso, o concelleiro considerou que “é imprescindible asegurar o compromiso municipal para iniciar este proceso de transformación social, con accións que tamén serven de exemplo de boas prácticas medioambientais para o conxunto da cidadanía á que tamén se lle están pedindo mudanzas nos seus hábitos cotiás”.

Comentarios
Lo más