miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Protección Civil de Ames participou en 1.024 operativos no que vai deste 2019

Protección Civil de Ames participou en 1.024 operativos no que vai deste 2019
Protección Civil de Ames participou en 1.024 operativos no que vai deste 2019

José Miñones, alcalde de Ames, comenta que “valoro moi positivamente o labor de Protección Civil, xa que é unha agrupación que se consistiu fai pouco máis de dous anos e neste tempo foi capaz de consolidarse facendo 3000 operativos"

A Agrupación de Protección Civil do Concello de Ames, coincidindo coa conmemoración do Día internacional do voluntariado, este xoves 5 de decembro, estivo achegando información sobre o seu traballo en dúas carpas: unha situada na praza do Concello, en Bertamiráns, e outra diante do Centro Comercial Novo Milladoiro. Ademais, deron a coñecer o material co que contan para realizar o seu traballo na praza do Concello. Á presentación do material asistiron o alcalde de Ames, José Miñones, o concelleiro de Protección Civil, Blas García, o presidente de dita agrupación, Juan Pérez Crespo, e varios voluntarios. Nas últimas semanas a Xunta de Galicia entregoulle un remolque e a empresa Construcciones Iglesias Mera SL dooulle unha bicicleta, polo que pasan a dispoñer de dúas bicis. De xaneiro a finais de novembro os voluntarias de Protección Civil participaron nun total de 1.024 operativos do 112.

Ao longo de toda a xornada varios voluntarios estiveron en dous stands na praza do Concello, en Bertamiráns, e diante do Centro Comercial Novo Milladoiro, dando información do traballo que realizan ao longo do ano. Ademais, onte pola tarde, ás 17;00 horas, realizaron na praza do Concello unha mostra do material do que dispoñen para realizar os seus operativos. Cómpre destacar que nas últimas semanas a Xunta de Galicia entregoulle un remolque con material e a empresa Construcciones Iglesias Mera SL dooulle unha bicicleta, polo que pasan a dispoñer de dúas bicis. 

José Miñones, alcalde de Ames, comenta que “valoro moi positivamente o labor de Protección Civil, xa que é unha agrupación que se consistiu fai pouco máis de dous anos e neste tempo foi capaz de consolidarse facendo 3000 operativos, sempre coordinados co 112, e iso é posible grazas ao traballo que exercen os voluntarios e voluntarias”. 

Asemade, Blas García, concelleiro de Protección Civil, destacou moito “o valor das voluntarias e voluntarios, xa que sen eles todo este material e todo este traballo non sería posible telo”, ademais engade que “son 34 persoas as que están agora mesmo, pero hai outras moitas que agora mesmo non están pero si estiveron ao longo destes dous anos os cales tamén lle agradecemos todo o traballo que fixeron”. Tamén tivo unha mención especial para “as empresas e particulares que, de maneira desinteresada colaboran con Protección Civil, xa que sen eles tampouco sería o mesmo”. 

Deste xeito, as voluntarias e voluntarios contan cos dous vehículos: un Nissan Qashqai e unha pick-up Nissan Navara, dotada de botiquín, lanternas, un cabrestante e demais equipamento. Tamén se conta con dúas bicicletas para realizar traballos de control do Camiño de Santiago ao seu paso por Ames e cun remolque e un remolque. Este último está equipado co seguinte material: unha motoserra, material de seguridade viaria con reflectores e conos,  un xerador, e material para inundacións, con dúas bombas de achique, unha a gasolina e outra eléctrica. A maiores, o remolque trae un proxector e unhas gomas para impulsar a auga. Ademais, a agrupación tamén conta con outros medios que facilitan o seu traballo como cintas sinalizadoras, equipamento de sinalización, equipos de comunicación e vestimenta de protección.

Comentarios
Lo más