miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Confirman a condena de 41 anos de cárcere ao home que asasinou un mozo en Chapela a noite de San Xoán

Confirman a condena de 41 anos de cárcere ao home que asasinou un mozo en Chapela a noite de San Xoán
Confirman a condena de 41 anos de cárcere ao home que asasinou un mozo en Chapela a noite de San Xoán

Os maxistrados do Superior rexeitaron o recurso de apelación interposto pola defensa

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a condena da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, condenou a 41 anos de cárcere o home que asasinou un mozo dun disparo no peito na praia de Arealonga, en Chapela, durante a noite de San Xoán de 2017. O sospeitoso foi sentenciado a 24 anos de prisión como autor dun delito de asasinato, a 10 anos por tentar asasinar outro mozo e a cinco anos por intento de homicidio aos dous axentes da Policía Nacional que o detiveron. Ademais, impuxéronlle dous anos de cárcere por cometer un delito de tenza ilícita de armas.

Os maxistrados do Superior rexeitaron o recurso de apelación interposto pola defensa. Así, indican que “non explicitou de ningún xeito cal outra podería ser a intención do condenado ao meter a man no lugar onde tiña a arma, desatendendo o requirimento dos axentes, que portaban as súas armas regulamentarias”. O tribunal considera que “non hai explicación alternativa minimamente razoable que xustifique ese proceder máis aló da que se tivo por certa”.

“A conclusión alcanzada polo xurado acomódase á proba practicada, correctamente interpretada e valorada. A inferencia da intención do acusado é xusta e recta. Non se probou de ningún xeito que fose absurda, ilóxica ou arbitraria. Das manifestacións dos axentes inférese, sen ningunha dúbida, o resultado probatorio alcanzado polo tribunal”, recalcan os maxistrados do alto tribunal galego.

Os xuíces aseguran que o resto de cuestións expostas pola defensa “non deixan de ser meras alegacións dirixidas a alterar a valoración da proba practicada, concretamente no aspecto referente á veracidade das manifestacións das testemuñas”. Así, lembra que a Sala “exclusivamente pondera a racionalidade do proceso valorativo das probas e da conclusión alcanzada”. Nese sentido, salienta que “non hai tacha ningunha ás conclusións obtidas polo tribunal” e que a súa “lóxica e coherencia” impiden “atender á alternativa proposta pola defensa”.

O alto tribunal galego tamén indica que os feitos probados “impiden considerar erro ningún no atinente á posible aplicación dunha circunstancia eximente, completa ou incompleta, ou atenuante”.

Comentarios
Lo más