miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Adxudicada a obra dun novo aglomerado na rúa Atalaia, na parroquia de Corrubedo

Adxudicada a obra dun novo aglomerado na rúa Atalaia, na parroquia de Corrubedo
Adxudicada a obra dun novo aglomerado na rúa Atalaia, na parroquia de Corrubedo

O prazo de execución son dous meses

O Concello de Ribeira informa da adxudicación con carácter provisional dunha actuación consistente na dotación de novo aglomerado na rúa Atalaia en Corrubedo, unha das máis transitadas do pobo ao servir como un dos principais viais de entrada e saída de tráfico rodado ao pobo.

A empresa Nemesio Ordóñez foi a que obtivo unha mellor clasificación entre as once ofertas presentadas. A obra comporta un investimento de 30.056 euros, IVE incluído, financiados no marco do POS provincial.

Na actualidade, o pavimento desta rúa está bastante deteriorado, razón pola cal se elaborou un proxecto dirixido a mellorar o firme cunha nova pavimentación asfáltica de 6 centímetros de espesor por unha extensión de 1.018 metros cadrados, previo fresado parcial do actual pavimento e limpeza das marxes. 

Comentarios
Lo más