Sol neste xoves antes do festivo
08:00 05/12/19
08:00 05/12/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima os 14ºC
As altas presións entrarán en cuña desde os Azores, reforzando a estabilidade e traendo ventos do nordés.
Deste xeito teremos unha mañá con nubes baixas no norte e néboas no interior.
Tanto as nubes como as néboas irán desaparecendo co avance da mañá e a partir do mediodía o predominio será para os ceos despexados.
As temperaturas ascenderán moderadamente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima os 14ºC.
Os ventos soprarán do nordés, frouxos no interior e moderados no litoral.