miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferido de consideración un operario ao precipitarse ao vacío na Estrada

Ferido de consideración un operario ao precipitarse ao vacío na Estrada
Ferido de consideración un operario ao precipitarse ao vacío na Estrada

O 112 Galicia tivo constancia do incidente ás 12:15 horas

Un operario foi evacuado polos servizos sanitarios, a bordo da aeronave medicalizada con base en Santiago, ao precipitarse mentres realizaba o seu traballo nun tellado do lugar da Carballeira, no concello pontevedrés da Estrada.

O 112 Galicia tivo constancia do incidente ás 12:15 horas. Segundo a información facilitada polos profesionais sanitarios, o operario sufriu unha caída dende, aproximadamente, catro metros de altura, ao tratar de baixar dunha estada.

Debido á gravidade das lesións, os servizos sanitarios de urxencia mobilizaron ao helicóptero e trasladaron o ferido ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Ademais, co obxectivo de prestar apoio ao equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Desde o 112 informouse tamén aos membros do GES da Estrada e de Protección Civil.

Comentarios
Lo más