miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un choque entre catro vehículos deixa a dúas persoas feridas en Miño

Un choque entre catro vehículos deixa a dúas persoas feridas en Miño
Un choque entre catro vehículos deixa a dúas persoas feridas en Miño

Segundo a información facilitada polos bombeiros ao 112 Galicia, unha muller tivo que ser excarcerada ao quedar atrapada no interior dun dos coches implicados no accidente

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá en Miño despois de que colidisen catro turismos na N-651 ao seu paso polo concello de Miño. Segundo a información facilitada polos bombeiros ao 112 Galicia, unha muller tivo que ser excarcerada ao quedar atrapada no interior dun dos coches implicados no accidente.

O sinistro tivo lugar ás 08:15 horas, cando varias persoas particulares contactaban co 112 Galicia para informar dun accidente na estrada que une os concellos coruñeses de Miño e Ferrol, á altura do punto quilométrico 10, con varios vehículos implicados.

Decontado, os xestores de emerxencias do 112 Galicia requiriron a intervención dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Betanzos e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Así mesmo, solicitouse a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade e do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Xa no lugar, e finalizadas as labores de excarceración, os equipos de emerxencia confirmaron o traslado de dúas persoas ata o centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más