miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un incendio nunha frixideira provoca danos materiais nun local en Viveiro

Un incendio nunha frixideira provoca danos materiais nun local en Viveiro
Un incendio nunha frixideira provoca danos materiais nun local en Viveiro

Os feitos tiveron lugar ás 12:15 horas de onte

O lume orixinado na frixideira dun establecemento comercial en Viveiro causou importantes danos materiais sen que, afortunadamente, ninguén resultara ferido. Os Bombeiros de Viveiro confirmaron que o lume consumiu diversos materiais da cociña e que as demais estancias se viran afectadas polo fume.

Os feitos tiveron lugar ás 12:15 horas de onte. Nese momento, varios particulares chamaron ao 112 Galicia para informar dun lume nun edificio da Avenida de Ferrol.

Decontado, desde o 112 solicitouse a intervención dos Bombeiros de Viveiro, da Policía Local e tamén dos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar do incidente, os membros dos equipos de extinción confirmaron que non houbo que lamentar danos persoais e que ardera a campá extractora, a cociña, o teito e a despensa do local.

Comentarios
Lo más