miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os rapaces de Boqueixón pasaron unha boa tarde nas Feiras Activas

Os rapaces de Boqueixón pasaron unha boa tarde nas Feiras Activas
Os rapaces de Boqueixón pasaron unha boa tarde nas Feiras Activas

As propostas das Feiras Activas do Concello de Boqueixón concluirán este domingo 8 de decembro no Campo da Feira de Rodiño

O Concello de Boqueixón ofreceu o domingo unha xornada de domingo diferente cunha nova actividade das súas Feiras Activas. Nesta ocasión, o Campo da Feira de Lestedo acolleu unha sesión de xogos tradicionais aptos para grandes e cativada.

Precisamente os nenos e as nenas foron os que máis gozaron da sesión organizada por Urdime Propostas Culturais e os seus Xogos Paporrubio. A través dunha peculiar eira, as persoas participantes tiveron a oportunidade de achegarse ao eido da cultura agraria a través de distintos animais de granxa que ofreceron historias cantadas e contadas sobre este mundo.

As propostas das Feiras Activas do Concello de Boqueixón concluirán este domingo 8 de decembro no Campo da Feira de Rodiño. Ás 12.30 horas ofrecerase o espectáculo de circo e clown Circanelo, dirixido a todos os públicos.

O programa Feiras Activas é unha iniciativa impulsada a través dos Departamentos de Cultura e Turismo de Boqueixón coa que se pretende incentivar e potenciar os mercados de Lestedo (no primeiro e terceiro domingo de cada mes) e de Rodiño (o segundo domingo de mes) aportando un valor engadido a través de propostas culturais e de lecer.

Comentarios
Lo más