miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Evacúan a unha muller e o seu bebé por un incendio na súa vivenda

Evacúan a unha muller e o seu bebé por un incendio na súa vivenda
Evacúan a unha muller e o seu bebé por un incendio na súa vivenda

Este operativo activouse ás 20:00 horas de onte logo de recibir no 112 Galicia a chamada dun veciño

Unha nai e o seu bebé foron evacuados con síntomas de intoxicación por inhalación de fume debido a un pequeno incendio na súa vivenda.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a cociña encheuse de fume por mor dun aparato doméstico que comezaba a arder. 

Foi o único que se viu afectado, iso si, o intenso fume provocou a intoxicación da nai e o seu fillo, que tiveron que ser evacuados polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ata o lugar, un domicilio situado na Rúa da Chanca, en Meaño,  tamén se desprazaron os membros do GES de Sanxenxo e os Bombeiros do Salnés, quen, despois de asegurarse que o aparato estaba apagado, realizaron as correspondentes medicións para comprobar a calidade do aire e descartar posibles fugas. 

Este operativo activouse ás 20:00 horas de onte logo de recibir no 112 Galicia a chamada dun veciño que cun extintor tratou de sufocar as chamas.

Comentarios
Lo más