jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Arranca a programación de decembro das Bibliotecas Municipais de Ames

Arranca a programación de decembro das Bibliotecas Municipais de Ames
Arranca a programación de decembro das Bibliotecas Municipais de Ames

A Concelleira de Cultura, Natividade  González, presentou o programa de decembro para as bibliotecas municipais xunto con Divina Fernández e Bibiana Calvo, traballadoras municipais das bibliotecas municipais de Bertamiráns e Milladoiro

Arranca así un mes de decembro repleto de grandes novidades editoriais, que serán presentadas polos seus propios autores en diferentes espazos do concello. A programación arranca o mércores, 4 de decembro, con Paulo Calvo, proseguirá con Ángeles e Isabel Abelleira Bardana o próximo xoves 12 de decembro e Nazaret López o xoves 19 de decembro.

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Ames quérese facer unha aposta con firmeza por difundir, promover e incentivar a lectura, ofrecendo servizos e recursos aos escritores amesás coa finalidade de crear un impacto na sociedade e fidelidade aos novos/as usuarios/as.

Desta maneira, a concelleira de Cultura destaca que  “a través das Bibliotecas de Ames queremos poñer en valor aos nosos escritores e escritoras, e destacar que Ames é berce dun pequeno mundo de artistas, músicos e escritores. Desde esta concellería queremos poñer en valor, a todos eles”. E engade que “abro as portas do concello e convido a todas aquelas persoas que están interesadas en presentar a súa obra, xa que somos conscientes e valoramos enormemente a importancia de apoiar proxectos con gran dedicación tempo e esforzo”.


Comentarios
Lo más