jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Dous feridos en Zas por un accidente de coche

Dous feridos en Zas por un accidente de coche
Dous feridos en Zas por un accidente de coche

Tratouse dun choque entre dous vehículos que circulan pola AC-430, á altura de Baio

Por outra banda, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, ás 11:30 horas tamén desta mañá, era informado doutro accidente no concello coruñés de Zas e no cal outras dúas persoas resultaron feridas.

Tratouse dun choque entre dous vehículos que circulan pola AC-430, á altura de Baio. Tras recibir a chamada dun alertante, que aseguraba que había persoas feridas, o 112 Galicia avisou decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil de Tráfico. Tamén se solicitou a colaboración dos axentes da Policía Local, de Protección Civil e a do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Os condutores de cada un dos vehículos sinistrados foron evacuados polos servizos sanitarios ata o centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más