Un accidente múltiple no túnel da Madroa deixa dúas persoas feridas, en Vigo
15:33 29/11/19
15:33 29/11/19
Unha persoa particular chamaba, sobre as 08:30 horas, ao 112 Galicia para informar do suceso
Dúas persoas resultaron feridas esta mañá en Vigo a causa dun accidente múltiple, tres coches implicados, rexistrado na AP-9, concretamente no túnel da Madroa, en Teis.
Unha persoa particular chamaba, sobre as 08:30 horas, ao 112 Galicia para informar do suceso. Indicaba que un dos vehículos accidentados estaba no interior do túnel e que podía haber persoas feridas.
Ata o lugar desprazáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, os Servizos Sanitarios de Urxencia de Galicia-061 e os axentes de Tráfico e da Policía Local. Así mesmo, foron informados os Bombeiros de Vigo, os membros de Protección Civil e o persoal de Autoestradas da AP-9.