Xornada de transición na cidade
08:00 29/11/19
08:00 29/11/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima chegará aos 15ºC
O venres será unha xornada de transición á espera dunha nova fronte que chegará ao final do día.
Con esta situación agárdase unha mañá de ceos parcialmente anubrados, con algunhas néboas matinais e coa entrada de chuvias polo sur á última hora da tarde.
As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas ascenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima chegará aos 15ºC.
O vento soprará frouxo de compoñente sur, sendo do suroeste e moderado con intervalos fortes pola noite.